REANUDADA A MESA SECTORIAL : O MINISTERIO SEGUE A CONTEMPLAR UNICAMENTE O AUMENTO DO ESPECÍFICO

Reunión mantida o 28 de febreiro na sede do Ministerio
Xoves, 29 Feb 2024

REANUDADA A MESA SECTORIAL :  O MINISTERIO SEGUE A CONTEMPLAR UNICAMENTE O AUMENTO DO ESPECÍFICO

Este mércores día 28 continuouse coa reunión que se suspendeu o pasado día 21 para estudar a oferta do Ministerio e darlle tempo para sondear o parecer das CCAA sobre un aumento dos seus complementos específicos respectivos que recoñeza o papel fundamental do funcionariado no desenvolvemento do establecido no RD 6/2023.

O Secretario de Estado declarou que as opinións das distintas Administracións prestacionais non son homoxéneas pero quere trasladarlles na  Conferencia Sectorial do día 1 a necesidade de colaboración e “cogobernanza” neste aspecto; pretende descender así a categoría rexional este conflito estatal  que o Ministerio de Xustiza creou coas leis de eficiencia e incendiou coa xestión das reivindicacións de xuíces/as e letrados/as. 

Con respecto ao noso país, para que o recoñecemento da nova situación derivada da normativa aprobada se vexa reflectido verdadeiramente na nómina, a CIG deixou claro que o incremento só pode vir pola vía do Complemento Xeral do Posto, dado que o aumento do CAT/Específico está condicionado polo acordo que en 2018 asinaron algunhas organizacións sindicais coa Dirección Xeral de Xustiza.  Así llo imos trasladar á Consellería para que o defenda nesa Conferencia, á que vai acudir o Ministro Bolaños.

As organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza (CIG, ELA, CSIF, STAJ, CCOO, UGT) quedamos convocadas novamente para o vindeiro día 7 co obxecto de que o Secretario de Estado dea conta do resultado da reunión coas CC.AA. Como non cremos que estas estean polo labor de pagar a desfeita, agardamos que fagan ver ao Ministro por onde pasa a solución a este conflito.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal