
RESUMO PROCESO SELECTIVO QUENDA LIBRE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO OPE 2023
A titulación esixida será:
- Para xestión: Grao, Licenciatura, Diplomatura Universitaria, Enxeñería Técnica, Arquitectura Técnica ou equivalentes.
- Para tramitación: Bacharelato ou equivalente.
- Para auxilio: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, do 2 ao 29 de febreiro.
Para cubrir a instancia e pagar as taxas, podémolo facer a través do seguinte enlace: https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias
Estarán exentas de pagar as taxas ou parte delas:
1) Aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, debendo achegar á solicitude o certificado acreditativo de tal condición. Non será necesario achegar este certificado cando a condición de discapacidade estivera recoñecida nalgunha das CCAA que figuran no punto de acceso xeral.
2) Os/as demandantes de emprego que leven máis dun mes no paro e non rexeitaran ofertas de emprego, nin accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que carezan ademais de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo, a xustificación de rendas acreditarase mediante a declaración do IRPF do último exercicio.
3) As familias numerosas.
4) As vítimas de terrorismo.
A falla de xustificación do aboamento dos dereitos de exame ou de atoparse exento determinará a exclusión da persoa aspirante.
As prazas da cota de reserva daquelas persoas con discapacidade que queden desertas non se acumularán ás da cota xeral.
Aquel/as aspirantes que opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade non poderán participar pola cota xeral, e na solicitude de participación deberán indicalo marcando o cadro correspondente.
Poderase participar só nun único ámbito territorial.
As prazas que resulten desertas nun ámbito territorial non se acumularán a outro ámbito.
Sen prexuízo do anterior o Ministerio previa valoración das circunstancias concretas do proceso selectivo, atendendo ao número de prazas que poidan quedar sen cubrir nun ou varios territorios nos que se convocan prazas, acordará a realización dunha proba selectiva adicional, á que só poderá presentarse aquel persoal opositor que tivera no último exercicio unha nota igual ou superior ao cincuenta por cento da nota posible, pero que non superou o proceso selectivo. A Administración convocante solicitará do Tribunal Cualificador Único correspondente, a preparación e execución deste exercicio adicional.
Non se admitirá mudar o ámbito territorial escollido unha vez presentada a solicitude inicial.
As taxas de dereitos de exame:
- Xestión Procesual e Administrativa 23,33 euros (11,67 euros en caso de dereito á redución do 50 por cento).
- Tramitación Procesual e Administrativa 15,57 euros (7,79 euros no caso de dereito á redución do 50 por cento).
- Auxilio Xudicial 11,66 euros (5,83 euros no caso de dereito á redución do 50 por cento).
PROCESO SELECTIVO
O proceso selectivo desenvolverase polo sistema de oposición.
Os exames dos diferentes corpos poderán ser coincidentes no tempo, en calquera das súas fases, co desenvolvemento de outros.
Os exercicios da oposición terán lugar, para cada un dos corpos, o mesmo día e á mesma hora en todas as sedes de exame, e realizarase dentro dos corenta e cinco días seguintes á publicación da resolución pola que se eleva a definitiva a relación de persoas admitidas e excluídas, publicándose no BOE a data, hora e lugares da súa celebración.
A aprobación da totalidade dos exercicios da oposición non implicará por si a superación do proceso selectivo que ven determinado polo número de prazas convocadas en cada ámbito territorial.
A valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das Comunidades Autónomas ou do Dereito Civil Vasco, poderá facerse documentalmente ou mediante a realización dun exame, sempre que o/a aspirante así o tivera solicitado na súa instancia. Dita proba será optativa e non eliminatoria, e unicamente serve para subir nota, unha vez se teña superado o proceso selectivo.
Podes facer o seguimento destas convocatorias na páxina web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, nas seguintes ligazóns:
Se queres imprimir ou descargar a nota informativa podes facelo premendo AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal