
REUNIÓN DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA

No día de hoxe celebrouse Mesa Sectorial de Xustiza na que se trataron os seguintes temas:
– Ampliación do prazo de solicitude das vacacións e permisos do 2023, até o 29 de febreiro do 2024.
– Instamos á apertura da traxectoria profesional, tanto por vía extraordinaria como por vía ordinaria, xa que desde o ano pasado non se convoca a Comisión de Seguimento do Acordo, deixando a moitas/os funcionarias/os, que a día de hoxe si cumpren coas condicións de acceder a traxectoria profesional, sin esta opción, sendo totalmente discriminatorio. En resposta, a DXX di que está traballando con Función Pública para abrir o grao extraordinario.
– Instamos á regulación do teletraballo, así como, as gardas de 24 horas para as cidades de Coruña e Vigo e que amplien o cadro de persoal dos Servizos de Apoio con auxilios xudiciais en vez de recurrir as quendas.
– A DXX tratou en Comisión Mixta sobre a VIOXEN para modificar as normas de reparto e posto á disposición do detido antes das 13 horas. Tamén falaron da revisión das normas de reparto nos xulgados mixtos para que se teñan en conta os asuntos civís que entran e se compensen. Comentaron que se solicitou que se poñan Maxistradas de apoio nos Xulgados de Familia para axilizar así os trámites.
– Novos órganos xudiciais: ainda non hai nada fixo mentres non se teña confirmación do Ministerio de Xustiza do número de xulgados á crear. Cando teñan os datos enviarános.
– Plan de actuación da folga de Letradas/os da Administración de Xustiza: non se vai aplicar mentres non envíe financiación para iso o Ministerio.
– Tras a folga de avogadas/os de oficio comunícanos a DXX que se suspenderon 202 vistas no día de onte. De media temos uns 1500 sinalamentos diarios.
– Papel 0: a DXX tivo unha reunión coa Sala de Goberno do TSXG na que se fixo fincapé en que se estaba á empregar moito papel nos xulgados, indo isto totalmente en contra do informe emitido polo CXPX, informe que vincula as xuízas/es, polo que se dictarán as instruccións correspondentes para que se deixe de empregar ese volume de papel nas oficinas xudiciais.
– RPT'S nos rexistros civis tras á implantación de DICIREG: a día de hoxe, coa implantación de DICIREG urxe á creación das RPT'S dos rexistros civis pero ainda non se sabe nada sobre a súa creación ata que non se avance na famosa LOEO. Ainda así, consideran que vai haber 2 persoas na RPT, sendo dúal, con código de rexistro civil pero tamén de instancia, polo que
con isto están á decir que non ten porque ampliarse o cadro de persoal.
– Marcase como próxima Mesa Sectorial de Xustiza o vindeiro 17 de xaneiro na que se vai tratar á aprobación do calendario laboral do 2024, a bolsa de interinos/as de Médicas/os Forenses, modificación das quendas nos Rexistros Civis e proposta de regulamento do comité de intervención e máis do protocolo de acoso.
Animámosvos a que se tedes algunha cuestión ou achega nola fagades saber e na vindeira Mesa Sectorial daremos traslado das mesmas.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal