
REUNIÓN INFORMATIVA CONCURSO DE TRASLADOS E PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN

No día de hoxe tivemos reunión informativa co Ministerio de Xustiza por videoconferencia, para tratar a situación dos procesos selectivos de estabilización e o concurso de traslados do 2024.
O Ministerio, nun primeiro momento da reunión informounos que o procedemento que ía levar a cabo era o de ofertar no concurso de traslados todas as prazas, vacantes e desertas, de todos os territorios. Manifestou, así mesmo, que a idea era cubrir todas as prazas existentes pero, finalmente, acabou sorprendéndonos comunicando que eliminarían do concurso as prazas dos xulgados que estiveran afectadas pola primeira fase da implantanción (remataría sobre principios de xullo de 2025) da Lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza. Estes xulgados son os mixtos e podedes consultar na seguinte imaxe os que se verían afectados. Con isto o Ministerio está a eliminar de raíz o movemento total de xente que entraría en Galiza, xa que a maneira máis fáctible de entrar na nosa comunidade, nun concurso de traslados, é a través das prazas dos xulgados mixtos das vilas.
Estas prazas que se ven afectadas neste concurso de traslados sairían nun novo concurso posteriormente a esa finalización da primeira fase de implantación (xullo do 2025).
A CIG xa deixou claro que estamos totalmente en contra desta decisión, que vai á afectar a centos de traballadores/as da administración de xustiza. É unha decisión totalmente inxusta e inadmisible.
Outra cuestión relevante sobre o concurso de traslados é que voltamos preguntar se van incluir neste concurso de traslados o tempo traballado en substitución, xa que neste concurso van ter en conta os puntos de antigüidade dos/as interinas. O Ministerio simplemente limitouse a indicar que a sentenza nada dí sobre o tempo de substitución.
O procedemento que vai levar a cabo o Ministerio é o seguinte: primeiramente, resolverase o concurso de traslados; realizadas todas as operacións relativas a ceses e tomas de posesión e, unha vez que isto esté finalizado, van ofrecer as prazas restantes aos procesos de estabilización (primeiro irá o concurso de méritos e logo concurso-oposición). Unha vez que isto finalice, procederase a ofertar as prazas aos procesos de promoción interna da OEP de 2023. Finalmente, cando rematen os ceses e tomas de posesión da promoción interna, ofreceranse as prazas restantes á quenda libre da OEP do 2023 dos tres corpos xerais.
O concurso de traslados será convocado antes de que remate o ano. Tamén a idea do Ministerio é ter publicado no BOE, antes do 31 de decembro, as listaxes definitivas coas persoas que superaron os procesos selectivos de concurso e concurso-oposición.
Tamén informan que se publicaría no BOE, antes de rematar o ano, a convocatoria dos procesos selectivos da OEP 2024 e as notas dos exames realizados na quenda libre o pasado 28 de setembro.
Estamos convocadas para a vindeira semana a unha Mesa Sectorial, na que se vai tratar novamente o tema da eliminación das prazas dos xulgados mixtos no concurso de traslados e as libranzas de despois das gardas, idénticas as negociadas para as Letradas/os.
Para máis información preme nas ligazóns:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal