SERVIZOS MÍNIMOS XORNADA DE LOITA EN APOIO A PALESTINA


Publicáronse no DOG do 14 de outubro de 2025 os servizos mínimos dos paros da xornada de loita en apoio a Palestina.
No ámbito da Administración de Xustiza, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento esencial prestado pola Administración de xustiza en Galicia que permitan compaxinar o dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público.
Neste sentido, e de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e mais coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesariospara garantir o servizo público:
1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal.
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras.
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral; inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios...
6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a tramitación daqueles expedientes nos que venza un prazo perentorio e improrrogable e aquelas actuacións nas que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada por un precepto legal ou polos bens xurídicos en xogo.
Para a fixación dos servizos mínimos, a Administración ten en conta igualmente os criterios determinantes que establece a doutrina do Tribunal Constitucional e a xurisprudencia contencioso-administrativa recaída na materia.
Así mesmo, debe terse en conta que de se producir durante a xornada de folga algunha das actuacións urxentes ou esenciais das establecidas polo artigo 42 do Regulamento 1/2005, do Consello Xeral do Poder Xudicial, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais, ou pola normativa procesual correspondente, estas non poderían ser atendidas polo xulgado de garda, dado que o xulgado competente está en horas de audiencia, motivo este polo que é preciso dispoñer dun mínimo de persoal nos distintos órganos xudiciais que figuran no articulado para atender ás actuacións urxentes e inaprazables, sen vulnerar a atribución de competencias previstas nas correspondentes leis procesuais e no citado Regulamento 1/2005. Cómpre sinalar, a modo de exemplo, as seguintes: autorización de medidas precautorias ou de permisos extraordinarios, por parte do xulgado de menores; autorización de entrada en domicilio, medidas sanitarias urxentes de saúde pública, medidas precautorias en materia de estranxeiría, asilo político e refuxiado que impliquen expulsión, devolución ou retorno, por parte dos xulgados do contencioso-administrativo; autorización para internamento, medidas cautelares para protección de incapaz, restitución ou retorno de menores nos supostos de subtracción internacional, por parte dos xulgados de familia; a celebración de vistas que poidan afectar os dereitos dos traballadores e traballadoras, tales como as demandas de tutela de dereitos fundamentais e liberdades públicas, e as actuacións declaradas urxentes pola lexislación procesual, tales como medidas cautelares necesarias para asegurar a efectividade da tutela xudicial, por parte dos xulgados do social; medidas por dereitos fundamentais da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza;...
1. Tribunal Superior de Xustiza.
1.1. Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas sec-
cións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.
1.2. Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas sec-
cións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.
1.3. Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
1.5. Secretaría de Goberno.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
2. Audiencias provinciais.
2.1. Seccións civís das audiencias provinciais.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada unha das respectivas seccións, e 1 funcionario/a
de auxilio por cada 2 seccións ou fracción.
2.2. Seccións penais e mixtas das audiencias provinciais.
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio por cada unha das respectivas seccións.
2.3. Oficinas de rexistro e repartición das audiencias provinciais.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
3. Xulgados.
3.1. Xulgados que actúen de garda.
Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
3.2. Rexistros civís exclusivos.
– 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para a sección de defuncións, e 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para o resto das funcións do rexistro.
3.3. Xulgados de primeira instancia.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de familia, 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de rexistro civil, 1 xestor/a e 1 tramitador/a.
3.4. Xulgados do mercantil (exclusivos).
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou
fracción.
3.5. Xulgados de instrución.
– Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
– No resto de xulgados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
– Nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller a dotación será: 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.6. Xulgados do penal.
– 1 xestor/a e 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.7. Xulgado de menores.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
3.8. Xulgados do contencioso-administrativo.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.9. Xulgados do social.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.10. Xulgado de vixilancia penitenciaria.
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio
3.11. Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller.
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.12. Servizos comúns de Tramitación dos Tribunais de Instancia de cada localidade. Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
Ademais do persoal que preste o servizo de garda:
– En localidades con 2 prazas xudiciais: 1 xestor/a e 1 tramitador/a.
– En localidades con 3 prazas xudiciais: 2 xestores/as, 2 tramitadores/as e 1 auxilio xudicial.
– En localidades con 4 prazas xudiciais: 3 xestores/as, 3 tramitadores/as e 1 auxilio xudicial.
4. Servizos.
4.1. Oficinas de rexistro e repartición dos decanatos.
– A Coruña e Vigo: 3 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.
– Santiago, Ourense e Pontevedra: 2 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.
– Ferrol e Lugo: 1 de xestión ou 1 de tramitación, e 1 auxilio.
4.2. Servizos comúns de atención á cidadanía e á vítima.
– 1 de xestión ou 1 de tramitación
4.3. Servizos comúns de notificación e embargo.
– 1 de xestión, 1 de tramitación e 1 auxilio.
5. Fiscalías.
Ademais do persoal que lle corresponda ao servizo de garda:
– Fiscalía da Comunidade Autónoma: 1 xestor/a ou tramitador/a, e 1 auxilio.
– Fiscalías provinciais: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio; e a maiores, 1 xestor/a
ou 1 tramitador/a para a Fiscalía de Menores.
– Fiscalías de área: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio.
– Seccións territoriais da Fiscalía: 1 funcionario/a.
6. Instituto de Medicina Legal de Galicia
– En cada subdirección do Imelga: o equipo do persoal que presta o servizo de garda e 1 tramitador/a.
7. Oficinas Xerais do Rexistro Civil:
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
8. Xulgados de paz e Oficinas de Xustiza dos Municipios
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a
Para ver a orde completa preme na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251014/AnuncioG0759-091025-0005_gl.pdf
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal