
SUBSTITUCIÓNS ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, POLA QUE SE RESOLVE A CONVOCATORIA DE PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO MEDIANTE O SISTEMA DE SUBSTITUCIÓN OFERTADAS O PASADO 10 DE NOVEMBRO
Logo da revisión das peticións recibidas na Dirección Xeral, ésta acorda aprobar e facer pública a lista definitiva dos destinos adxudicados:
A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución.
Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.
A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.
O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, licenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.
Se precisas ver a resolución completa PREME AQUÍ
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña: 657768693 - 635607376 cig.acoruna@xustiza.gal
- Compostela: 699 234 284 - cig.santiago@xustiza.gal
- Ferrol: 637 108 945 - cigxustiza.ferrol@gmail.com
- Lugo: 639 921 202 - 669 557 395 cig.lugo@xustiza.gal
- Ourense: 636 424 191 - mondraprayer@hotmail.es
- Pontevedra: 646 023 058 - cig.pontevedra@xustiza.gal
- Vigo: 669 760 087 - cig.vigo@xustiza.gal