
SUBSTITUCIÓNS NOVOS POSTOS OFERTADOS

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, POLA QUE SE CONVOCAN POSTOS PARA SÚA PROVISIÓN TEMPORAL MEDIANTE O SISTEMA DE SUBSTITUCIÓN
Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, procede anunciar a convocatoria para a súa provisión temporal, de acordo co previsto nos artigos sete e oito da Resolución do 18 de maio de 2022, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios/as: Persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estea en situación de activo en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de Xustiza.
O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.
Se precisas máis información preme no enlace:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal