TRAMITACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN ACORDO DO TCU SOBRE O TERCEIRO EXERCICIO (WORD)

Resolución do Tribunal Cualificador Único de 3 de xaneiro de 2024
Mércores, 03 Xan 2024

ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO DO 29 DE DECEMBRO DE 2023 POLO QUE SE ESTABLECEN OS REQUIRIMENTOS DE PRESENTACIÓN DO TERCEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, QUENDA LIBRE, ORDE JUS/1327/2022, DO 28 DE DECEMBRO.

REQUIRIMENTOS DE PRESENTACIÓN DO TERCEIRO EXERCICIO MICROSOFT WORD 2010

O Tribunal Cualificador Único considera que o terceiro exercicio da fase de oposición, segundo o establecido no Anexo III.a) punto 1.3 da convocatoria, debe realizarse co requirimento da utilización do procesador de textos Microsoft Word 2010.

O contido versará sobre coñecementos teórico-prácticos do programa Microsoft Word 2010. A título orientador: uso e memorización de iconas da fita de opcións e uso de combinacións de teclas para métodos abreviados, elementos da pantalla inicial, edición (seleccionar, copiar, pegar, buscar, substituír), abrir e gardar documentos, formatos, ortografía e gramática, deseño de páxina, táboas, estilos, plantillas, imaxes e gráficos, combinar correspondencia, páxinas web con Word 2010.

O exame consistirá en 20 preguntas ordinarias máis 3 de reserva. Serán preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta.

O exercicio realizarase acto seguido do segundo exercicio da fase de oposición.

Se precisas ver a resolución completa PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal