
TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE COTA DE RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE PRAZAS QUE QUEDARON DESERTAS
O TRIBUNAL CUALIFICADOR UNICO DAS PROBAS SELECTIVAS PARA INGRESO NO CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, QUENDA LIBRE, CONVOCADAS POR ORDE JUS/1254/2022, DO 7 DE DECEMBRO, ACORDA:
Segundo o establecido na Base 7.7 da Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro (BOE do 19 de decembro), se nalgún dos ámbitos territoriais non se cubriron todas as prazas ofertadas, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente co Tribunal Cualificador Único, procederá a ofertar tales prazas vacantes, por eses concretos ámbitos, a aspirantes doutros ámbitos que, non superando o proceso selectivo, pero si os exercicios da oposición, teñan a maior puntuación.
En base ao anterior, relaciónanse no Anexo I aquelas persoas aspirantes que cumpren as condicións establecidas na devandita base, exclusivamente da cota de reserva para persoas con discapacidade, ordenadas de maior a menor puntuación, aos cales se lles ofertan nos ámbitos territoriais que se indican as seguintes prazas :
Aragón 1
Cataluña 2
Madrid 3
Navarra 2
As persoas aspirantes que desexen solicitar tales prazas, deberán facelo no prazo de cinco días hábiles desde a publicación deste acordo na páxina web do Ministerio de Xustiza, procedendo da seguinte maneira:
- Deberán encher o Anexo II que se publica xunto a este acordo cubrindo os datos que se piden e asinala.
- Escanear o devandito Anexo II e envialo exclusivamente por correo electrónico a:
turnolibre_tramitacionprocesal_tcu@mjusticia.es
(Reportarase a súa recepción).
- Indicar no “Asunto” do correo “CRD CAMBIO DE AMBITO”.
- Transcorrido o prazo establecido non se admitirá ningunha solicitude relativa ao exposto neste acordo.
- Non se admitirá ningunha solicitude de persoas aspirantes que non figuren no Anexo I.
Preme nas ligazóns para completar a información:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal