
TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE NOMEAMENTOS FUNCIONARIOS/AS DE CARREIRA, ESCALAFÓNS E TOMAS DE POSESIÓN
RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galiza.
Resolveuse adxudicar destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo I aos/ás funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa (quenda libre) nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo de tramitación procesual e administrativa pola Orde do 6 de marzo de 2024.
Os/as funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza aos/ás que se lles outorga destino deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os/as funcionarios/as destinados/as en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de xestión procesual e administrativa ou de auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro comuniquen, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Unha copia da resolución pola que son declarados/as en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza.
En caso de que os/as funcionarios/as opten por ingresar no corpo de tramitación procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios/ as do corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles/as que teñan que se desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados, que se deberán gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio.
No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios persoais, deberá remitirse a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de xestión procesual e administrativa ou de auxilio xudicial e o cesamento automático con data do día anterior a que se produza a toma de posesión no corpo de auxilio xudicial, co obxecto de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.
En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza, outro exemplar será entregado ao/á interesado/a e outro quedará para constancia no órgano xudicial.
Os/as funcionarios/as interinos/as que actualmente ocupen prazas que foran adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.
En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública aqueles/as aspirantes que posúan xa a condición de funcionarios/as de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.
Os/as funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa aos/ás que se outorga destino, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Podes acceder as resolucións completas premendo nas ligazóns:
GALIZA LISTAXES DEFINITIVOS E TOMAS DE POSESIÓN (DOG 15/03/2024)
NOMEAMENTO PERSOAL FUNCIONARIO, ESCALAFÓNS E SUBESCALAFÓNS (BOE 15-03-2024)
OUTROS ÁMBITOS
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal