OFERTA DE PRAZAS GALIZA PARA TRAMITACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN

Proceso selectivo convocado por Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.
Venres, 05 Xun 2026

Publicouse no DOG do 5 de xuño RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes a Galiza, nas probas selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, concurso-oposición, convocada pola Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro.

As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galiza, https://sede.xunta.gal, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo.

As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se se ofertaron e se desexan solicitar, ata chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.

Para ver a resolucion preme na ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260605/AnuncioG0759-250526-0005_gl.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal