TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE PROBA DE GALEGO

A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 19 de decembro de 2023 as 9:00h, na sala 8 da EGAP en Compostela
Xoves, 07 Dec 2023

OPOSICIÓNS AO CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, ACCESO LIBRE, ORDE JUS/1254/2022, DO 7 DE DECEMBRO. AVALIACIÓN DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 19 de decembro de 2023 as 9:00h, na sala 8 da EGAP en Compostela.

A acreditación dos tres niveis (celga 4, linguaxe xurídica media e linguaxe xurídica superior) axustarase ao establecido na Orde de 16 xullo 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, (DOG de 30 de xullo de 2007) modificada pola Orde de 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), (DOG de 19 de febreiro de 2014) e Orde de 1 de abril de 2005 (DOG de 14 de abril de 2005).

As probas desenvolveranse do seguinte xeito:

9:00 h-10:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Superior

10:00 h-11:00 h. Proba de Linguaxe Xurídica Media

11:00 h-11:30 h. Descanso

11:30 h-13:00 h. Proba do Celga 4

As valoracións cualificaranse como APTO/A ou NON APTO/NON APTA.

Para acadar a acreditación de apto/a no nivel de linguaxe xurídica superior é preciso ou ben obter a cualificación de apto/a nos niveis de linguaxe xurídica media e celga 4, ou ben documentalo.

En canto á aportación da documentación acreditativa do nivel da lingua galega, esta deberá achegarse, entre o 11 e o 15 de decembro ao seguinte correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta.gal 

As persoas chamadas a realizar a proba de coñecemento de idioma (R) ou documentar e realizar a proba (D-R) e que polo tanto están convocadas o día 19, son:

Para coñecer a resolución completa   PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal