TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE PUBLICACIÓN NO BOE E NO DOG DAS LISTAXES DE PERSOAS APROBADAS E PRAZAS OFERTADAS

Orde PJC/30/2024 de 16 de xaneiro de 2024 (BOE e DOG de 23/01/2024)
Martes, 23 Xan 2024

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que se ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

Segundo. As solicitudes de destino, (Anexo 2), deste ámbito (Galiza), presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

Noutros ámbitos que non sexa Galiza, consultar o enderezo onde presentar a solicitude (Anexo 2).

Terceiro. As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución de acordo coas seguintes instrucións:

a) No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais ofertados. Indicarase o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.

b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.

c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.

Cuarto. Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de presentación destas.

Quinto. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste namentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

O resto da documentación, no caso de ter que remitir algo máis, así como a Declaración Xurada (Anexo 1), debemos dirixila ao seguinte enderezo:

"Registro General del Ministerio de la Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes

Unidad EA0041037 – Oficina O00011588 – Medios Personales

Procesos Selectivos Justicia

Calle de la Bolsa nº 8, CP 28071, Madrid"

As persoas aspirantes que teñan a condición legal de persoas con discapacidade, con grao igual ou superior ao 33 por 100, deberán presentar certificación dos órganos competentes, que acredite tal condición (no caso de que esta non se acreditou con anterioridade) e a súa capacidade funcional para desempeñar as tarefas e funcións propias do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.

As persoas aspirantes que, na súa solicitude de participación inicial, non prestasen expresamente o seu consentimento para que os datos referidos á súa identificación persoal e ás súas titulacións ou certificacións académicas poidan ser consultados e verificados de oficio polo órgano instrutor deste proceso selectivo, deberán achegar tamén:

- Copia auténtica do documento nacional de identidade, ou equivalente.

- Copia auténtica do título esixido na convocatoria ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que lle capacitan para a obtención do mesmo, acompañando o resgardo xustificativo de abonar os dereitos para a súa expedición.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse copia auténtica da documentación que acredite a súa homologación, ou no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia.

Declaración Xurada de non acharse comprendido en causa de incompatibilidade nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas, en vía disciplinaria ou xudicial, nin ser separado mediante procedemento disciplinario de ningún dos Corpos ao servizo de calquera das Administracións Públicas, salvo que fose rehabilitado (anexo I).

Quen, dentro do prazo fixado, e salvo causa de forza maior, non presentara a documentación, ou do exame da mesma deducírase que carece dalgún dos requisitos esixidos na base cuarta da Orde de Convocatoria que rexen este proceso selectivo, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que houbera podido incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Para acceder as resolucións preme nas ligazóns:

BOE LISTAXE DE PERSOAS APROBADAS

PRAZAS OFERTADAS GALIZA (DOG)

PRAZAS OFERTADAS GALIZA (BOE)

PRAZAS OFERTADAS MINISTERIO

PRAZAS OFERTADAS EUSKADI

PRAZAS OFERTADAS CATALUÑA

PRAZAS OFERTADAS ANDALUCIA

PRAZAS OFERTADAS ASTURIAS

PRAZAS OFERTADAS CANTABRIA

PRAZAS OFERTADAS A RIOXA

PRAZAS OFERTADAS COMUNIDADE VALENCIANA

PRAZAS OFERTADAS ARAGÓN

PRAZAS OFERTADAS CANARIAS

PRAZAS OFERTADAS NAVARRA

PRAZAS OFERTADAS COMUNIDADE DE MADRID


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal