TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE SOLICITUDE DE DESTINOS A DIRECCIÓN XERAL INFORMA CO PRAZO REMATA O DÍA 6

Información recibida hoxe 2 de febreiro de 2024
Venres, 02 Feb 2024

No día de hoxe, vía correo electrónico, a Dirección Xeral de Xustiza infórmanos do seguinte:

Transcribimos literalmente: "Antes as consultas recibidas sobre o prazo para a elección de destinos en relación a Resolución do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro; informase que o prazo para a presentación das solicitudes remata o martes 6.02.2024."

Dende a CIG creemos que é unha interpretación errónea do Servizo de Persoal da Administración de Xustiza dependente da Dirección Xeral de Xustiza. O garante e quen ten as competencias nos procesos selectivos para o ingreso nos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio é o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relación coas Cortes, e éste publicou o pasado día 30 de xaneiro, na súa páxina web, unha nota aclaratoria na cal entre outras cousas di "Los plazos a la hora de presentar solicitudes y documentación requerida se cuentan a partir del día siguiente de la publicación de la Orden PJC/54/2024, de 25 de enero (publicada hoy 30 de enero)".

Non nos sorprendería nada que nos próximos días a Dirección Xeral correxira este comunicado, pero para curarnos en saúde, dende a CIG preferimos informar a todolos opositores e opositoras.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal