VACACIÓNS DO PERSOAL DOS CORPOS DE AUXILIO E XESTIÓN QUE PARTICIPOU NOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN
Na información publicada, o pasado 6 de febreiro, na páxina web do Ministerio en relación co persoal estabilizado do CTPA indicábase que, dentro do ámbito do Ministerio da Presidencia, Xustiza e relacións coas Cortes, o persoal interino que tivera pendentes as vacacións podería mantelas, unha vez tomara posesión como funcionaria/o de carreira no proceso de Tramitación convocado pola Orde JUS/1288/2022, e non se perderían. Criterio este que despois a Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Admón. de Xustiza confirmou que se estendía a todo o persoal interino que estaba a traballar actualmente en territorios transferidos e tomou posesión dentro do ámbito do Ministerio, mantendo as vacacións sen perdelas, unha vez que o acreditaran co correspondente certificado. A pesar diso, en distintas Xerencias Territoriais do Ministerio puxéronse obxeccións ás persoas procedentes doutros ámbitos territoriais e que se atopan nesta situación, alegando que a instrución non contemplaba tal extremo.
É por iso que instamos á citada Subdirección Xeral a que nas próximas instrucións que se diten para os corpos de Auxilio Xudicial e Xestión Procesual e Administrativa se inclúa expresamente o recoñecemento deste dereito a todo o persoal que tome posesión no ámbito do Ministerio de Xustiza, con independencia do ámbito onde estivera a prestar servizo.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal