XESTIÓN CONCURSO OPOSICIÓN PLANTILLAS DEFINITIVAS DE RESPOSTAS VÁLIDAS

Acordo do TCU de 27 de marzo de 2024
Mércores, 27 Mar 2024

TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO DO PROCESO SELECTIVO PARA INGRESO, POLO SISTEMA XERAL DE QUENDA LIBRE, AO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, POLO SISTEMA DE CONCURSO OPOSICIÓN, DERIVADO DA LEI 20/2021, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO.

O TCU reunido o 21 de marzo adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Recibidas as alegacións presentadas polos aspirantes ás plantillas provisionais de respostas dos exercicios celebrados o pasado 2 de marzo, este Tribunal decidiu:

- Do primeiro exercicio: anular a pregunta 56 do modelo A (pregunta 54 do modelo B), pregunta 60 do modelo A (pregunta do 80 modelo B), a pregunta 81 do modelo A (pregunta 29 do modelo B) e a pregunta 86 do modelo A (pregunta 34 do modelo B), que son substituídas polas preguntas de reserva 101 a 104, ao estimarse as alegacións presentadas polos interesados.

- Do segundo exercicio: anular a pregunta 113 do modelo A (pregunta 114 do modelo B), substituída pola correspondente pregunta de reserva (pregunta 125 en ambos os modelos), ao estimarse as alegacións presentadas.

- Do terceiro exercicio: anular a pregunta 3, ao estimarse as alegacións presentadas polos interesados, de maneira que a puntuación máxima deste exercicio será de 22.5 puntos.

Desestímanse o resto das impugnacións presentadas ao carecer de fundamento xurídico suficiente para proceder a súa anulación e axustarse á normativa vixente, así como ao programa da convocatoria.

SEGUNDO.- Proceder á publicación das plantillas definitivas de respostas correctas correspondente aos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para ingreso, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, celebrado o 2 de marzo de 2024.

TERCEIRO.- Aclarar que, tanto nas instrucións particulares, como en cantas comunicacións e indicacións foron emitidas por este TCU, queda recollido que se repartían 5 follas autocopiativas e un sobre tamaño folio para a realización do terceiro exercicio, follas nas que se debían responder as preguntas unha a continuación doutra, ata un máximo dunha folla por cada pregunta, pero recolléndose tamén que se tiñan que entregar aos opositores as follas que puidesen necesitar e solicitasen aos vixiantes das súas aulas, ata as 10 follas.

CUARTO.- De conformidade co establecido no punto 1.3 do Anexo II da convocatoria, acordáronse como criterios de valoración das preguntas do terceiro exercicio os seguintes, ata o máximo de 2.5 puntos por cada pregunta:

- 2: nivel de coñecementos do aspirante.

- 0.5: claridade e orde de ideas, calidade de expresión escrita, forma de presentación.

Achéganse nas ligazóns acordo e plantillas definitivas:

Acordo de publicación das plantillas definitivas

PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPOSTAS XESTIÓN PA - PRIMEIRO EXERCICIO - MODELO A

PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPOSTAS XESTIÓN PA - PRIMEIRO EXERCICIO - MODELO B

PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPOSTAS XESTIÓN PA - SEGUNDO EXERCICIO - MODELO A

PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPOSTAS XESTIÓN PA - SEGUNDO EXERCICIO - MODELO B

Seguimento do proceso selectivo  PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal