XESTIÓN ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS - MODIFICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE APROBAD@S
Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza e no BOE a Orde PJC/152/2026, do 26 de febreiro, pola que se modifica a Orde PJC/1443/2024, do 12 de decembro, pola que se relacionan os/as aspirantes que aprobaron no proceso selectivo extraordinario para acceso, polo sistema xeral de acceso libre por concurso de méritos, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.
No prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, desde a publicación desta orde no «Boletín Oficial do Estado», as persoas aspirantes que figuran no anexo I presentarán a correspondente solicitude de destino, axustada aos requirimentos que se establezan
polo Ministerio e as comunidades autónomas competentes nas súas respetivas ordes e resolucións de oferta de prazas publicadas nesta mesma data.
Así mesmo, os aspirantes que figuren na relación complementaria, que se publicará na páxina web do Ministerio de Xustiza, deberán presentar no Rexistro Xeral deste Ministerio, rúa da Bolsa, número 8, código postal 28071 de Madrid, ou ben, nos Rexistros de calquera dos órganos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dirixida á Unidade EA0041037 – Oficina O00011588 – Medios Persoais Procesos Selectivos a documentación pertinente no prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES desde a publicación da presente resolución.
Para ver a resolución completa e a nota informativa preme nas ligazóns:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal