XESTIÓN QUENDA LIBRE - LISTAXE DE PERSOAS APTAS E NON APTAS DO TERCEIRO EXERCICIO

Convocatoria Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro
Xoves, 27 Feb 2025

O 27 de febreiro publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza un acordo do TCU das probas selectivas para acceso ao corpo de Xestión, quenda libre, convocadas pola Orde 1437/2024, do 3 de decembro, cuxo texto é o seguinte:

PRIMEIRO. Unha vez cualificado o III exercicio do exame celebrado o 27 de setembro de 2025, así como do exame de incidencias do día 20 de novembro e, segundo o disposto na base 7.2. da citada Orde de convocatoria, fanse públicas as relacións de aspirantes de cada ámbito territorial, por orde alfabética, que alcanzaron o mínimo establecido no apartado 1.3 do Anexo III da devandita Orde para superar o exercicio, con indicación da puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos nas devanditas relacións de aprobados teñen a consideración de non aptos.

SEGUNDO. Por outra banda, e conforme ao disposto na mencionada base 7.2, procédese tamén a publicar separadamente as listaxes anonimizadas das persoas aspirantes consideradas non aptas, coa súa cualificación correspondente.

TERCEIRO. Ábrese un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte á publicación deste acordo na web do Ministerio, para a presentación por parte dos aspirantes de reclamacións por erros ou omisións, ou solicitudes de revisión, a través do correo electrónico gestionlibre1437@mjusticia.es

Para ver as listaxes preme nas ligazóns:

 

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal