XESTIÓN - QUENDA LIBRE - PUBLICACIÓN NO BOE DAS/OS APROBADOS DEFINITIVOS
Publicouse no BOE do 30 de marzo de 2026 a Orde PJC/294/2026, do 20 de marzo, coa relación de persoas aprobadas no proceso selectivo para ingreso, pola quenda libre e mediante oposición, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
No prazo de dez días hábiles, desde a publicación desta orde no «Boletín oficial del Estado», as persoas aspirantes que figuran no anexo I da citada orde presentarán no Rexistro Xeral deste Ministerio, rúa da Bolsa, número 8, código postal 28071 de Madrid, ou ben, nos Rexistros de calquera dos órganos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dirixida á Unidade EA0041037 – Oficina O00011588 – Medios Privados. Procesos Selectivos, a documentación correspondente.
Os que, dentro do prazo fixado e, salvo causa de forza maior, non presentasen a documentación, ou do exame da mesma se deducise que carecen dalgún dos requisitos establecidos, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira, quedando anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na solicitude inicial.
A petición de destinos realizarase de acordo coas instrucións contidas na Resolución do Directora Xeneral para a Eficiencia do Servizo Público de Xustiza que oferte vacantes ás persoas aspirantes aprobadas. Toda a información relacionada cos diferentes aspectos do desenvolvemento do procedemento de nomeamento como privado funcionario de carreira publicarase na páxina WEB do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal