
XULGADO DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER DE VIGO A CIG RECLAMA A DOTACIÓN DE MÁIS PERSOAL

Durante o primeiro trimestre de 2023, as mulleres vítimas da violencia machista foron un 11,54% máis que hai un ano, o que resulta alarmante.
Desde a Central Sindical CIG, denunciamos a situación que vive o Xulgado exclusivo para a Muller de Vigo.
Duns anos a aquí, a carga de traballo subiu a un ritmo considerable, sabendo, que non soamente levan materia sobre Violencia sobre a Muller, senón asuntos civís e familia, temas que tamén urxen, estando a sinalar declaracións para febreiro de 2024, e procedementos civís como poden ser divorcios, modificación de medidas para xaneiro.
O persoal consta de oito funcionarias/os, dous pertencentes ao corpo de Xestores Procesuais, catro ao corpo de Tramitación Procesual e dous Auxilios Xudiciais, máis un reforzo.
Por parte deste sindicato denunciamos a carga de traballo, que os funcionarias/os están a vivir, sen tempo para xantar, saíndo como media ás 18 horas da tarde, e xantando no propio traballo, ou ao saír do mesmo.
Esta circunstancia, sumada á carga emocional, dada a materia, así como a carga psicolóxica do cidadán que acode ao mesmo, conleva que o persoal enferme, ou pida traslado a outro Xulgado, e por conseguinte o cadro de persoal destes Xulgados non se asente.
Cabe sinalar, que este verán tanto nos meses de xullo e agosto (período de vacacións) ao contar con menos funcionarios duplícase o traballo, acabando os traballadores esgotados ao tentar sacar os asuntos adiante dada a súa relevancia e consecuencias (ordenes de afastamento etc.)
Esta comprobado dado os estudos sobre o tema, que un dos factores de incremento dos casos de violencia machista é a época estival, así como decembro e xaneiro. Esta claro que estes meses, son momentos nos que adoita aumentar a convivencia e polo tanto o tempo xuntos de parella e, “dunha maneira máis directa pode afectar á percepción que ten o agresor do que é o control da muller”.
Tamén cabe mencionar que no Xulgado de Violencia sobre a Muller, dotouse xa hai un tempo unha sala GESSEL que, a día de hoxe, aínda non entrou en funcionamento, sendo URXENTE, dado o número de causas de menores. Tamén cabe suliñar a falta de seguridade xa que o Arco-Scaner da porta de entrada está precintado, debido á falta dun número suficiente de vixiantes que son os encargados do seu uso.
Por todo o exposto, denunciamos a situación LÍMITE dos Xulgados de Violencia sobre a Muller de Vigo, SOLICITANDO desa Dirección Xeral de Xustiza para que á súa vez o traslade ao TSXG, o nomeamento dun Xuíz/a de apoio, cos seus correspondentes funcionarias/os, a fin de desatascar este Xulgado de suma transcendencia, dado os asuntos que levan.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal