XULGADOS QUE PERCIBIRÁN O COMPLEMENTO RETRIBUTIVO POR CAUSAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO 2025

Venres, 11 Abr 2025

A Dirección Xeral de Xustiza vén de comunicarnos que xulgados percibirán este ano 2025 o complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual con competencias en materia de violencia sobre a muller: 

  1. a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (en Galiza son os da Coruña e Vigo).
  2. b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:
  • Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense
  • Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra
  1. c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.

 Na estatísca  correspondente do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre os datos do ano 2024 constátase que cumpren o criterio establecido na cláusula 6.c do Acordo os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:

  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3  de Vilagarcía de Arousa

Polo que catro novos xulgados pasan a cumprir o requisito da cláusula 6.c, e cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2025:

  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín
  • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal