XUNTANZA COS REPRESENTANTES DO BNG NO PARLAMENTO DE GALIZA

Venres, 03 Mai 2024

No día de onte mantivemos unha xuntanza no Parlamento de Galiza cos representantes do BNG, tanto a nivel autonómico como estatal, a fin de trasladarlles a problemática actual da Administración de Xustiza na nosa comunidade autónoma e, concretamente, fixemos fincapé nas seguintes cuestións:


1) Que a través da Lei de Eficiencia Organizativa se poidan levar a cabo as modificacións regulamentarias correspondentes, derivadas da negociación real co Ministerio de Xustiza das novas funcións que dita lei pretende implementar.

2) Defender que os novos centros de destino previstos na Lei de Eficiencia Organizativa se artellen, cando menos, en seccións, a fin de evitar que se considere á localidade como único centro de destino.

3) Modificación do artigo 492 da LOPX, que regula a idade de xubilación do persoal da Administración de Xustiza, a fin de adaptalo ao TREBEP e á LXSS, toda vez que actualmente coexisten os dous sistemas de Clases Pasivas (65 anos) e Réxime Xeral da Seguridade Social (66 anos e 6 meses).

4) Aproveitar a reforma da Lei de Eficiencia Organizativa para, dunha vez por todas, garantir o uso do galego na Administración de Xustiza dende o escrito inicial dos expediente xudiciais.

5) En materia de Rexistro Civil, téñense que reclamar as competencias para elaborar as Relacións de Postos de traballo, así como apostar pola dixitalización dos datos anteriores e, dese xeito, completar correctamente DICIREG.

6) Compre actualizar o CAT á realidade das novas funcións. A Xunta non pode ter un discursos no seo da Conferencia Sectorial, defendendo a necesidade da suba salarial, e non aplicala xa dentro das súas competencias, escondéndose tras un acordo con algunhas organizacións sindicais, cunha cláusula de revisión que non soluciona o problema.

7) Por último, trasladamos a problemática existente nos xulgados das vilas (Sarria, Viveiro, Monforte de Lemos, Xinzo, Vilagarcía de Arousa, Ribeira, etc.). A administración autonómica, poñendo de novo como escusa as decisións do Ministerio de Xustiza sobre a futura creación dos tribunais de instancia, fai anos que non acomete a creación de ningún órgano mixto nas vilas, o que actualmente está provocando o colapso de ditos órganos e o deterioro da Administración de Xustiza nesas vilas. Precisamente nestes órganos son nos que máis asuntos pendentes de resolución hai, polo que é necesario reforzar en condicións os cadros de persoal e, de nada valen os parches temporais que se poñen nalgúns lugare, xa que se trata de necesidades estruturais.

Pola súa banda os deputados asistentes amosaron a súa preocupación polo estado deste servizo no noso país e comprometéronse a trasladar, tanto ao Parlamento Galego como ao Congreso dos Deputados as demandas que lles trasladamos en relación coas traballadoras/es da Administración de Xustiza en Galiza.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal