A CIG gana unha demanda que permite valorar toda a carreira profesional
VITORIA DA CIG, TERÁN QUE VALORAR TODA A CARREIRA PROFESIONAL NA PROMOCION INTERNA
A recente sentenza 87/2026 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, estimando a demanda presentada pola CIG, é unha vitoria xurídica que ten consecuencias directas e moi relevantes para o persoal da Seguridade Social que participou no concurso convocado en 2022, corrixe unha inxustiza que estaba a prexudicar directamente ao persoal que promocionou internamente.
Ata agora, promocionar supoña unha penalización. A cláusula agora anulada permitía á Administración non valorar os méritos e experiencia obtidos no corpo de procedencia, é dicir, no corpo desde o que se promocionou.
Na práctica, isto significaba que as persoas que aprobaron por promoción interna vían reducida artificialmente a súa puntuación nos concursos. Non se lles recoñecía toda a súa traxectoria profesional, a pesar de que eses méritos foran válidos para promocionar. O que acontecia é que promocionar convertíase nun prexuízo, ao perder puntuación fronte a persoas con menos experiencia global pero máis tempo no novo corpo. É dicir, a Administración estaba penalizando a promoción interna, algo totalmente contrario á normativa e ao sentido común.
A sentenza anula a limitación que permitía á Administración non valorar méritos obtidos noutros corpos ou escalas. Isto significa que, os méritos obtidos antes da promoción interna tamén deben ser valorados e que non se pode recortar a carreira profesional das persoas participantes.
A CIG FOI O ÚNICO SINDICATO QUE LEVOU ESTO ATA A XUSTIZA!!!