
A presión obriga á Direción da AEAT a recuar no recorte á “cortesía”: dea Deus a quen botar a culpa!

Desde o pasado 1 de marzo a AEAT mudara o criterio sobre a “cortesía”, eliminándoa os días que había algún tipo de incidencia horaria por parte dos traballadores. Era un novo criterio aplicado en todo o territorio estatal que estaba a comunicarse polos responsables da AEAT tanto por correo electrónico como por chamadas telefónicas personalizadas, como foi o caso da Delegación Especial de Galiza, onde a Dependencia Rexional de Recursos Humanos comunicaba este extremo
Por este motivo, presentamos un escrito exixindo que se parase este proceder e mais demandando a convocatoria da mesa do acordo de calendario para as explicacións oportunas para o cambio de criterio.
A Subdireción Xeral de Relacións Laborais comunicounos onte o seguinte:
Buenas tardes,
En relación con los escritos recibidos en relación con la incidencia de horario i18 (solicitud de consulta, prueba, tratamiento médico), os informamos que el Departamento de Recursos Humanos no ha adoptado, en ningún momento, un cambio de criterio respecto a dicha incidencia y su funcionamiento. Lo sucedido se ha debido al hecho de que, a lo largo del mes pasado, se detectó una incoherencia en el funcionamiento de la i21 (solicitud de conciliación del 5% dentro de jornada) cuando se mezclaba en el mismo día con otras incidencias horarias. Como consecuencia de la corrección informática de dicha incoherencia, la semana pasada se comprobó que se había generado un efecto no deseado con la i18; esta semana se ha procedido a su subsanación y a partir de ahora debería funcionar correctamente todo. Se va a proceder, en consecuencia, a la resolución de los casos en los que se haya computado indebidamente dicha incidencia i18. Por tanto, no se ha producido ningún cambio de criterio que deba ser abordado en la Mesa de Calendario Laboral.
Desde a CIG valoramos positivamente que recuaran no intento de recortar así os dereitos laborais do persoal ao servizo da AEAT, mais lamentamos os argumentos ofrecidos. Pretenden facer pasar por un simple erro nunha aplicación informática algo que foi comunicado por escrito e telefonicamente ao persoal da AEAT en distintos ámbitos territoriais. Dea deus a quen botar a culpa!
Na CIG celebramos que a Direción da AEAT se vira forzada a cambiar de criterio diante da presión exercida polas organizacións sindicais e polo enorme malestar provocado polo recorte na cortesía entre o persoal. A presión e a mobilización dá froitos.