AS PRAZAS DE INFORMÁTICA EN GALIZA TEÑEN QUE CUBRIRSE CON PERSOAL PROPIO, NON SERVIR DE EXCUSA PARA MÁIS EXTERNALIZACIÓN

Martes, 06 Out 2026

A CIG volve recordar que se necesitan cubrir as prazas de informática en Galiza, tendo en conta as necesidades do servizo: as prazas que se amortizaron, as que se ocuparon con persoal doutros corpos (xerais e propios da AEAT) e as que se externalizaron.

A CIG: AS PRAZAS DE INFORMÁTICA EN GALIZA TEÑEN QUE CUBRIRSE CON PERSOAL PROPIO, NON SERVIR DE EXCUSA PARA MÁIS EXTERNALIZACIÓN – Espazo sindical do CIG

EN PARTICULAR:
1. Ourense. Dende hai anos véñense amortizando, sen ningún motivo, as prazas da dependencia de informática.
2. Alfándegas e SVA. Hai que ter en conta as alfándegas e os servizos e efectivos do SVA. Cidades como Vigo non teñen ningún tipo de soporte máis có que se proporciona esporadicamente e cando se pode dende a propia delegación.
3. Administracións. Teñen que contar con persoal de informática que atenda as súas necesidades, persoal suficiente para que non termine "secuestrado" ante a totalidade das tarefas.
Estes argumentos establecen as necesidades básicas de persoal do organismo. Esiximos que non se usen de maneira cínica para xustificar aínda máis externalizacións. Esiximos responsabilidade cos cartos de todos e todas: cada externalización custa, segundo as nosas estimacións, catro veces o que custaría o persoal propio.
E se a asistencia ha de ser remota: recordamos que esta é bidireccional. Non fai falla que nos atendan dende Madrid - poderiase, dende calquera delegación, asistir aos da capital.
Esta petición súmase ás xa formuladas o 3 de febreiro, o 11 de marzo e o 24 de setembro de 2026, sen que se tivera dado resposta a ningunha delas.