CIG denunciara os imcumprimentos da Admon na proxíma Mesa Xeral preconvocada para o 18 de xuño
A CIG levará á Mesa Xeral da AXE os incumprimentos e problemas que a Administración segue sen resolver
A CIG Admon. estado vén de remitir a Funcion Pública unha batería de asuntos para o seu tratamento para o vindeiro 18 de xuño na Mexa Xeral da AXE.
A CIG considera imprescindible que a Administración dea resposta a numerosos compromisos pendentes que afectan directamente ás condicións de traballo do persoal da AXE e á calidade dos servizos públicos.
Entre os asuntos trasladados pola CIG destaca o incumprimento do compromiso adquirido respecto á publicación da instrución reguladora da xubilación parcial do persoal laboral da AXE. A pesar dos anuncios realizados e dos acordos acadados, o procedemento continúa sen estar plenamente operativo, polo que a CIG reclama información detallada sobre o estado da súa implantación e unha previsión clara para a súa publicación definitiva.
Igualmente, esiximos que se reactive de maneira inmediata a negociación do V Convenio Único do persoal laboral da AGE. A negociación atópase practicamente paralizada, sen avances significativos nin calendario de traballo definido.
A situación da implantación real da xornada de 35 horas. A CIG solicitará información sobre o seu grao efectivo de aplicación nos distintos departamentos ministeriais e organismos, así como as medidas previstas para garantir o cumprimento dun acordo que, a día de hoxe, segue atopando importantes resistencias e interpretacións restritivas en numerosos ámbitos da Administración.
As reclamacións salariais do persoal civil do Ministerio de Defensa, colectivo que continúa sufrindo unha discriminación retributiva respecto doutros empregados públicos e para o que a CIG leva tempo reclamando medidas de compensación e recoñecemento salarial.
A cobertura de vacantes e a redución da temporalidade estrutural nos centros do IMSERSO será outro dos asuntos presentes na Mesa Xeral. A CIG insistirá especialmente na situación do CAMF de Ferrol e do CPAP de Bergondo, onde a insuficiencia de persoal e a elevada temporalidade continúan comprometendo a prestación dos servizos.
En materia de promoción interna, a CIG reclama garantías para o dereito de permanencia no posto de traballo tras a superación dos procesos selectivos. A CIG considera necesario aclarar os criterios que se están aplicando, especialmente nos casos en que se obriga ao persoal a participar nos procesos de elección de destinos por proceder de corpos nos que non se atopan en servizo activo, malia superar procesos de promoción interna.
Relacionado con esta cuestión, a central sindical solicitará explicacións sobre a oferta diferenciada de postos entre os procesos de acceso libre e promoción interna. Resulta incomprensible que determinadas prazas sexan ofertadas ao persoal de novo ingreso sen teren sido previamente postas á disposición das persoas aprobadas por promoción interna, vulnerando o principio de preferencia establecido na normativa vixente.
A CIG denunciará o incumprimento das obrigas recollidas no acordo firmado na Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado do art. 36,3 doTREBEP polo que se revisa o modelo organizativo da Administración Penitenciaria.
A CIG considera que a Mesa Xeral debe servir para ofrecer respostas concretas e solucións reais aos problemas existentes, abandonando a dinámica de atrasos, incumprimentos e falta de negociación que vén caracterizando a actuación da Administración nos últimos meses.