CONCENTRACIÓN DIANTE DA PORTA DA ESCOLA NAVAL MILITAR O MÉRCORES 18 DE XUÑO ÀS 11H

Martes, 10 Xun 2025

DEFENSA NON DEFENDE SALARIOS DIGNOS PARA O PERSOAL CIVIL. DEFENDÁMOLOS NÓS!!

Desde a CIG sabemos que a mobilización do persoal público civil é a única que pode reverter esta situación de desconsideración por parte da Administración. A clase traballadora sabe por experiencia histórica que as melloras salariais non se conceden, nen nacen de acordos de despacho, senón que se conseguen coa forza da razón, coa reivindicación activa e coa xustiza social por bandeira.

O persoal civil debe mostrar o seu descontento e facerse valer, mostrar dignidade, porque se non o facemos nós, o Ministerio de Defensa ten demostrado que vai seguir postergando de maneira indefinida calquera tipo de mellora para o noso colectivo. Se o persoal se fai ver, de seguro que o Ministerio cambiará de proceder.

Ver NOTA COMPLETA