
Concentración en Leon de persoal da Seguridade Social

O pasado vernres 27/09/24 a CIG desprazouse a León, para participar nas movilizacions que os traballares da seguridade social están a levar en todo o estado.
- Polo cumprimento de leis e acordos:
Acordo de 16 de maio de 2023, por extensión do incumprido anteriormente de data 29 de novembro de 2018, polo que se establecen as condicións iniciais para a implantación dun plan estratéxico de recursos humans na Administración da Seguridade Social.
RD 21/21 mandato ao Goberno sobre a aprobación do proxecto de lei de creación da Axencia Estatal da Seguridade Social.
Nin o Goberno nin o Ministerio cumpriron cos seus compromisos adquiridos.
- Polas condicións de traballo:
Condicións de traballo recollidass nos acordos referendados que afectan a materias sensibels como a ordenación de recursos humanos, produtividades, provisión de postos de traballo, traballo a distancia con carácter voluntario, revisión de complementos específicos e retribucións ligadas ao cargo, modificación relacions de postos de traballo, estabilidade no emprego, acción social, calendario, formación, prevención e igualdade.
Falta de negociación e de interlocución válida para chegar a acordos. Sen carreira profesional, sistema retributivo e repartición de produtividade inxusta.
- Pola cidadanía e un servizo público de calidade:
A recuperación dun servizo público de calidade, eficiente e cunha atención á cidadanía como se merece, como garantía dun estado de benestar.