
Concursos de traslados para Funcionarios. Problemas coas bases e criterios ocultos de Función Pública

O 29 de setembro de 2024, a Directora Xeral de Función Pública aprobou as bases comúns para os concursos de méritos. Tras dous anos da súa aplicación hai aspectos desas bases e as súas consecuencias que nos preocupan especialmente e así o transmitimos á Dirección Xeral da Función Pública.
A CIG solicitoulle a Dirección Xeral da Función Pública (DXFP) o seguinte:
-
No relativo aos méritos específicos, que se nos aclare se é procedente que a Administración, a través dos seus representantes nas comisións de valoración dos concursos de traslados, decidan valorar coa máxima puntuación a acreditación dos coñecementos adquiridos no desenvolvemento de tarefas ou funcións propias dun ou varios postos de traballo que tan só foron desenvolvidos 6 meses ao longo da vida laboral.
-
En materia de igualdade, solicitamos que se modifique o criterio de non valoración da formación en violencia de xénero como formación transversal en igualdade mentres siga accedéndose a esa formación sen requisitos formativos previos.
-
En canto aos criterios que dita función pública para a valoración de méritos no concurso, os postos que vacantes a incluír nun concurso (aínda que estean ocupados provisionalmente) ou calquera outro que incida na convocatoria e resolución dos concursos de traslados, pedimos que se nos faciliten os que existen actualmente e que se suspenda a súa aplicación ata que se negocien outros novos.
-
Que calquera criterio que incida na interpretación das valoracións dos concursos sexa de coñecemento público para todo o persoal.
Ver Nota Informativa