Convidamos a GESTHA a adherirse ao conflito para loitar pola actualización das retribucións
A CIG ven defendendo hai tempo a necesidade de presentar unha fronte unida de toda a parte social para forzar a AEAT a acometer a urxente actualización das retribucións, o principal problema do 100% do persoal da Axencia.
Despois da adhesión de CSIF ao conflito que convocamos canda SIAT, UGT e CCOO, insistimos na necesidade de sermos todas as organizacións quen conxuntamente apertemos á AEAT. Por iso convocamos novamente a GESTHA para explorar esta posibilidade. Na CIG cremos que, cando menos, na batalla pola actualización das retribucións estamos todas as organizacións en sintonía.
Le no Blog a carta q remitimos conxuntamente a GESTHA.