Grupo de Traballo en Función Pública derivada da aprobación do R.D. 6/23DE 19 de decembro

Venres, 12 Abr 2024

O longo do mes de abril fomos convocados por Función Pública para unha “falsa negociación” dunha “orde ministerial” sobre Planificación Extratéxica dos RRHH da Admon do Estado que ligada o RD 6/23 son obligacións que teñen que cumplir con Europa para a liberación de fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A CIG Admon do Estado, expuxemos as nosas propostas nas xuntanzas mantidas con Función Pública, nas que manifestamos que unha reforma de tanto calado debería sustentarse nunha “lei da función pública” que a día de hoxe non temos e que esta orde ministerial deberia recoller elementos como a xubilación parcial, garantir a desaparición da tasa de reposición, regulación do teletraballo ou a xornada de de 35 horas, etc. que nin tan sequera menciona.

Propuxemos unha serie de alegacions sobre texto proposto:

 Negociación sobre as áreas funcionales e catálogo de áreas.

 Que desapareza a posibilidade de limitacións a movilidade.

 Eliminación do incentivo de permanencia máis alá da idade de xubilación.

 Determinación dos postos onde sexa requisito/mérito o coñecemento da lingua cooficial

 Eliminación da posibilidade de amortizar prazas que estiveran vacantes por un periodo superior a tres anos.

 Que recolla e garanta a desaparición da tasa de reposición de efectivos.

Función Pública non recolleu ningúnha proposta de calado formuladas pola CIG e polo resto de sindicatos o Borrador da Orde Ministerial.

Ver NOTA INFORMATIVA completa