IPC 2025: 2,9 %. Suba salarial: 2,5 %. A pleitesía sindical de CSIF, UGT e CCO que consolida o recorte
Acabamos de coñecer que o IPC de 2025 pecha no 2,9 %, mentres que a suba salarial pactada para o persoal empregado público é só do 2,5 %. A conclusión é evidente, “perdemos poder adquisitivo unha vez máis”.
Que CSIF, UGT e CCOO presenten este acordo como un “logro” é, simplemente, ridículo. Asinar subas por debaixo do IPC non é negociar, é baixar a cabeza e facer de comparsa do Goberno mentres as nóminas seguen perdendo valor.
Ano tras ano repítese o mesmo patrón, acordos á baixa, ausencia dunha cláusula de garantía salarial e ningunha vontade real de recuperar o máis dun 20 % de poder adquisitivo perdido desde 2010.
O resultado é un empobrecemento continuado do persoal empregado público, maquillado con propaganda sindical.
Desde a CIG dicímolo claro, non é sindicalismo asinar perdas nin vender como avances os recortes encubertos. A única saída pasa por subas salariais por riba do IPC, cláusula de garantía salarial automática e negociación colectiva real, con mobilizacións e sen pleitesías.
Ver NOTA PDF