Irregularidades na implantación do horario especial do servizo de atención telefónica

No día de onte vimos de presentar, en conxunto coa maioría de Sindicatos, unha carta dirixida á Directora Xeral da AEAT, en relación ás irregularidades na implantación do horario especial do servizo de atención telefónica
SIAT, UGT, CSIF, CCOO e CIG tivemos coñecemento da implantación dun horario especial non negociado coas organizacións sindicais vinculado ao modelo de información e asistencia e ao RECAT. As condicións de traballo nese horario están a ser pactadas de forma escura directamente entre os traballadores e traballadoras e os seus responsábeis xerárquicos, á marxe do acordado na negociación colectiva, vulnerando a normativa vixente
Paralelamente, centos de compañeiras e compañeiros padecen continuos cambios de criterio na prestación do servizo de atención telefónica en horario de mañá, sen que se vexa recoñecido o seu traballo nin reducida a carga de traballo doutras tarefas asignadas. As traballadoras e traballadores están fartos das ocorrencias e faltas de respecto profesional do equipo de dirección da AEAT!
Algúns dos intermediarios da Axencia Tributaria están a realizar ofertas laborais enganosas ao persoal, facéndolles crer que están a asinar clandestinamente un posto H10. Como vostede ben sabe, o H10 é un horario especial reservado exclusivamente ás traballadoras e traballadores destinadas nas ADIs e ninguén pode facer horarios especiais fóra dos supostos estabelecidos e taxados no Acordo de Xornada e Horarios de 2003 asinado polas organizacións sindicais e a AEAT
NON EXISTE NINGÚN HORARIO ESPECIAL DE 12:00H A 19:00H QUE NON SEXA O H10. Para poder acceder a un horario H10, ditas prazas deben ofertarse nun procedemento de provisión de postos que respecte os principios de igualdade, mérito, capacidade e transparencia. Nunca imos admitir que a AEAT se converta nunha administración escura onde se provisionan os postos e se pactan as retribucións nunha folla sen cabeceira oficial entre un xefe e unha traballadora ou traballador!
SIAT, UXT, CSIF, CCOO e CIG consideramos estes feitos gravísimos, tanto por parte deste persoal directivo que dá as instrucións como por parte dos cadros intermedios que cómpren ditas instrucións a sabendas de que actúan á marxe dos acordos sindicais vixentes, que como vostede coñece, teñen forza de lei no noso ámbito, segundo se reflexa no artigo 37 do EBEP
Finalmente, como organizacións que ostentamos o 100% da representación social da Comisión de Seguimento do PIA, sabemos que a participación e cumprimento de requisitos do PIA está absolutamente vinculada ao cumprimento dos horarios estabelecidos no Acordo de 2003, tal e como nos lembra todos os anos a Intervención, carecendo quen autorice o pago do PIA de soporte legal para abonar a devandita produtividade a quen incumpra o acordado no Acordo do PIA 2024 e no Acordo de Xornada e Horarios de 2003
Por todo o anterior SOLICITAMOS

- Que todas as traballadoras e traballadores cumpran coa xornada estabelecida no Acordo de Horarios de 2003
- Que ningún responsábel da AEAT xustifique horarios que non estean apoiados pola normativa vixente
- Que informe aos traballadores e traballadoras “voluntarias”, así como aos responsábeis de RRHH das delegacións afectadas, das consecuencias que pode ter o incumprimento dos horarios estabelecidos no Acordo de Horarios de 2003 a efectos disciplinarios e de retribucións, en particular do PIA, posto que o cadro de persoal non foi informado correctamente
CIG-Axencia Tributaria
Delegación AEAT A Coruña
Delegación AEAT A Coruña
Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89