Grupo de traballo relativo ó Proxecto de Orden Ministerial sobre planificación dos recursos humanos da Administración do Estado

Martes, 12 Mar 2024

Por parte da admón. o Subdirector Xeral de Réxime Xurídico indicou que o
fin deste grupo será desenvolver unha “orde ministerial” que permita ditar as
normas e directrices básicas nas que van pivotar os plans de ámbito xeral e
de ámbito específico dos departamentos ministeriais.
Dende a CIG manifestamos a nosa disconformidade con este xeito de
traballar, e que cheguemos a primeria xuntanza sen que se nos fixera chegar
ningún borrador de documento que serva para comezar a sacar conclusións,
o que converte esta xuntanza nunha mera presentación de ideas e
intencións xa coñecidas.
Manifestámoslle a nosa falta de confianza nesta futura Orde Ministerial de
planificación, ao mesmo tempo que lle lembramos que Función Pública está
incumprindo as “planificacions” feitas en referencia aos prazos nos procesos
selectivos en marcha de promoción interna, incumprindo o establecido na
OEP 2023 de ter todos os procesos convocados antes de decembro dese
ano e o que limita a posibilidade de convocatoria de prazas vacantes nos
concursos de traslados.
Ver Nota Informativa Completa