O BOE DESMONTA O ACORDO RETRIBUTIVO ASINADO POLO GOBERNO E CSIF, UGT e CCOO
O BOE DESMONTA EN SÓ SEIS DÍAS O
“ACORDO MARCO 2025–2028” ASINADO POR
CSIF, UGT, CCOO E O GOBERNO
Seis días foron suficientes, menos dunha semana.
O 27 de novembro, os sindicatos estatais CSIF, UGT e CCOO anunciaban con
entusiasmo o seu “gran acordo”: o Acordo Marco para a Mellora do Emprego
Público 2025–2028 . Falaban de avances históricos, de reformas integrais, de
modernización, de carreira profesional, de igualdade, de dixitalización...
Pero a realidade tardou moi pouco en poñer as cousas no seu sitio. Coa
publicación no BOE do Real Decreto-lei 14/2025 (3 de decembro), as mentiras e
o engano ao que someten estes sindicatos ( e o CSIF, UGT e CCOO) ao persoal
empregado público quedaron completamente ao descuberto.
Ver Nota CIG