
Reunión co Director Xeral de Persoal de Defensa

Mantivemos unha reunión co Director Xeral de Persoal específica sobre retribucións do persoal civil despois dunha petición conxunta dos sindicatos a raíz do anuncio do incremento salarial para o persoal militar do Ministerio.
A nosa asistencia à reunión agardaba a exposición de medidas concretas e inmediatas para a mellora salarial da parte do persoal civil. Pero o único que se presentou foi adiar novamente as propostas de mellora que xa vimos demandando nos últimos anos.
O noso malestar ante esta postura de desidia e indiferencia do Ministerio co persoal civil debe comezar a tomar outra orientación e chamamos ao conxunto do persoal a mobilizarse para conseguir melloras retributivas que nos fagan sair da posición do persoal da Administración Xeral do Estado pior pagado.
Ver NOTA COMPLETA