
UNHA SUBA INSUFICIENTE DERIVADA DUN MAL ACORDO ASINADO POR UXT E CCOO

No ano 2022 CCOO e UGT pactaron co Ministerio de Facenda unha suba salarial para
tres anos (2022, 2023 e 2024) que non se vinculaba ao IPC. O Consello de Ministro de
hoxe, 25 de xuño, acaba de aprobar para dar cumplimente a ese acordó, a suba para
este ano 2024 e con carácter retroactivo dende 1 de xaneiro dun 2% máis un 0,5%
adicional por superar o IPC destre tres últimos anos o 8%.
Decir que o IPC interanual real destes últimos 3 anos está nun 11,8%, e que só dende
2010 levamos acumulada unha perda de poder adquisitivo de 20%
Como denunciou a CIG no seu momento, este foi un “mal acordó” QUE A CIG NON
ASINOU e que para nada permitiu recuperar o “arrebatado” estes últimos anos, se non
que seguimos a perder poder adquisitivo.
A proposta da CIG naquela negociación foi subir un 5% cada ano cunha cláusula de
revisión salarial ao final de cada ano, garantindo deste xeito que non perdésemos poder
de compra ao logo da vixencia do acordo.
Dende a CIG seguimos a demandar un novo pacto de rendas negociado na Mesa Xeral
das Administracións Públicas que fuxira das negociacions verticais das cúpulas sindicais
(UXT,CCOO) e goberno.