
A ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, SEN PLAN DE IGUALDADE

Fai uns días moitas de nós tomamos as rúa para denunciar a precariedade das mulleres nos postos de traballo, rexeitar as desigualdades no mercado laboral e reclamar un traballo digno. Outros/as, en actos institucionais e formalistas daban discursos sobre a igualdade mais na práctica nada avanza neste sentido na Administración de Xustiza.
A finais do ano 2022 comezamos a falar do Plan de Igualdade na Administración de Xustiza, sendo obrigatorio desde a Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo, para toda empresa que teña máis de 50 traballadoras/es. Só se celebraron dúas reunións para abordar este tema, nas que nos trasladaron un borrador do plan de igualdade no que non se recollían moitos datos que son fundamentais en ditos plans. Desde a CIG fixemos as achegas oportunas, para poder ter algunha información sobre a posible fenda salarial de xénero e a distribución por corpos. Hai uns meses presentamos escrito ante o Ministerio de Xustiza para que se retomen as negociacións do Plan de Igualdade e a día de hoxe non recibimos resposta algunha.
Non se comprende como unha Administración pública como a Administración de Xustiza non cumpre coas obrigas recollidas na Lei de Igualdade desde o ano 2007 e non conta cun Plan que recolla todos os datos relativos a retribucións totais (salario base, complementos..etc) dividido por xénero e por corpos e no que conste:
- quen ocupa cargos nos altos tribunais de xustiza
- quen ocupa postos directivos no corpo de LAX
- quen solicita máis reducións de xornada laboral ou excedencias
- un protocolo de acoso
- un apartado dedicado a saúde laboral
- unha avaliación dos riscos físicos e psíquicos desde unha perspectiva de xénero, poñendo especial atención na prevención de riscos específicos que afectan a funcionarias, tales como riscos psicosociais, ergonómicos e laboráis durante o embarazo e a lactancia.
Asimesmo, é preciso adaptar os centros de traballo con perspectiva de xénero, habilitando zonas de lactancia e creando escolas infantís nos mesmos edificios para poder acceder a unha conciliación real.
Desde a CIG reclamamos unha vez máis que se retome o proceso negociador do Plan de Igualdade para a Administración de Xustiza.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal