
A CIG EN LUGO DENUNCIA Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA ANTE A INSPECCIÓN DE TRABALLO

Fai meses que no edificio dos Xulgados de Lugo, situado na rúa Armando Durán, s/nº estanse a sufrir filtracións de auga que entran polo teito; situación que se puxo en coñecemento da Administración a través do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Administración de Xustiza en Galiza .
A única actuación feita pola empresa de mantemento foi colocar caldeiros para recoller a auga. Por mor da ditas filtracións as placas do falso teito humedeceronse provocando o seu desprendemento. As instalacións do Xulgado do Social 4, situado no cuarto andar, foron clausuradas e o persoal trasladado a outras dependencias polas caídas das placas do falso teito. Estes desprendementos estanse estendendo a outras dependencias e xa afectan as instalacións do Xulgado do Social 2, Xulgado do Contencioso-Administrativo 1 e á entrada do edificio. As placas que se están a desprender afectan ás oficinas onde se atopan as traballadoras e no día de onte caeron novas placas e a auga acumulada na cuberta segue a filtrarse, alcanzando xa o terceiro andar.
Por todo isto a CIG presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e solicitou que se efectúe unha investigación sobre os feitos relatados e, previa a súa comprobación e incoación da correspondente acta de infracción, se dicte resolución pola que en definitiva se sancione á Dirección Xeral de Xustiza e se lle obrigue a adoptar urxentemente as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade das persoas traballadoras.
Ligazón xustificante de presentación denuncia Inspeción de traballo:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal