A CIG SOLICITA A INCLUSIÓN DE CINCO ASUNTOS NA ORDE DO DÍA DA PRÓXIMA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA
Ante a inminente convocatoria da Mesa Sectorial de Xustiza, a CIG solicitou á Dirección Xeral de Xustiza a inclusión de varios asuntos que consideramos prioritarios para abordar as problemáticas que afectan o persoal da Administración de Xustiza en Galiza.
En concreto, solicitamos que se incorporen á orde do día os seguintes puntos:
- Teletraballo: situación actual e cuestións pendentes.
- Horario: prolongacións de xornada.
- RPT: funcións e equipos de traballo.
- ATENEA: formación do persoal ante a implantación do novo sistema.
- Gardas de 24 horas: situación no IMELGA e nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo
A CIG considera imprescindible que estes asuntos se aborden e negocien na Mesa Sectorial, evitando que continúen acumulándose problemas sen respostas nin solucións. O persoal da Administración de Xustiza precisa compromisos concretos por parte da Dirección Xeral, e non máis demoras nin escusas.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal