A CIG SOLICITA REFORZOS NO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN DE XINZO DE LIMIA

Escrito presentado no TSXG e na Dirección Xeral o 24 de outubro
Martes, 24 Out 2023

 

Por medio do presente quixeramos denunciar a situación que está a vivir o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Xinzo de Limia, polo colapso de traballo ao que está sometido, ao levar varias materias como son Civil, Penal, Rexistro Civil, e para máis inri, as cuestión de Violencia sobre a Muller, ademais de estar de garda permanente.

Este Xulgado está cuberto a día de hoxe por dous funcionari@s do Corpo de Xestión Procesual, tres do corpo de Tramitación Procesual (sendo un deles un reforzo), e dous do corpo de Auxilio Xudicial; un deles,  o da  parte penal, axudando nas tarefas de tramitación nos delitos leves, debido ao exceso de carga de traballo existente no órgano.

Tamén cabe dicir, que as funcións de dirección procesual son realizadas de xeito provisional por dous Letrad@s da  Administración de Xustiza con  destino es Verín, que van dous días á semana, rotándose os dous en semanas alternas, ao fin de cubrir a vacante existente de letrad@ en Xinzo de Limia, a cal leva sen cubrirse máis dun ano e medio, cando o que debería de facer a Sala de Goberno, en tanto non se cubra esa praza por titular, e nomear un Letrado substituto que se poda dedicar a tempo completo ás labores que precise o órgano.

Tamén cabe sinalar que o reforzo do corpo de Tramitación Procesual esta a piques de cesar, (este reforzo apenas ten un ano de duración), o que  levará aparellado unha carga maior para o resto de funcionarios, sinalando que as causas pendentes deste xulgado  remóntanse ao período 2001-2005.

Baseándonos na Lei de Prevención de Riscos laborais, e nos efectos sobre a saúde, tanto física, como mental, pero tamén en como se realiza o traballo ao verse sometido a un estrés continuo, entendemos :

Primeiro.-  Existen riscos psicosociais que afectan ao persoal que presta os seus servizos no órgano, debido á sobrecarga de traballo que soportan, que xa é inasumible, cos casos de Violencia sobre a Muller que entran diariamente, unido todo iso aos asuntos comúns, tanto civís como penais que se deben tramitar e, a maiores, as cuestións de rexistro civil. As posibles consecuencias, de seguir con esta situación, sería o colapso do órgano por baixas de enfermidade do persoal, ou a escapada de funcionarios a outros órganos da contorna, sen que as prazas queden debidamente cubertas ou teñan que ser provistas por persoal interino con pouca experiencia, dado o estado de esgotamento das bolsas de interinaxe.

Por todo isto, SOLICÍTASE da Sala de Goberno e da Dirección Xeral, de maneira URXENTE, un Letrad@s Substitut@s e dous reforzos do corpo de Tramitación Procesual, en tanto en canto non se cree outro xulgado de primeira Instancia e instrución que axude a mitigar o atraso existente. Sen prexuízo da petición dun órgano máis, debería incrementarse de xeito definitivo o cadro de persoal actual para que quede configurado con dous xestor@s, catro tramitador@s e dous auxilios, dado que este é o cadro de persoal tipo dos xulgados mixtos da provincia de Pontevedra que teñen encomendados, ademais dos asuntos civís e penais, os expedientes de rexistro civil.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal