A SECCIÓN SINDICAL DA CIG PONTEVEDRA REITERA NOVAMENTE ANTE A DIRECCIÓN XERAL A NECESIDADE DE REALIZAR SIMULACROS NOS DISTINTOS EDIFICIOS XUDICIAIS

Escrito presentado ante a Dirección Xeral o 15 de marzo de 2023
Venres, 15 Mar 2024

No día de hoxe a sección sindical da CIG PONTEVEDRA presenta escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza:

"Por parte da Central Sindical CIG, REITERAMOS en base á Lei 31/1995, do 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais a necesidade de realizar simulacros nos distintos edificios xudiciais, tal como trasladamos no seu día a esa Dirección Xeral tanto de forma presencial como por escrito, sen que ata o momento teñamos noticia ningunha da súa próxima realización.

Así mesmo, a Xunta de Persoal remitiu nestes días, escrito a esa Dirección Xeral, insistindo tamén nesta materia de suma importancia para todos os traballadores e traballadoras.

Cabe comentar que en visitas realizadas por este sindicato os distintos xulgados, por mor da desgraza ocorrida fai uns días en Valencia, volveu a saltar a alarma entre o persoal, preguntándonos sobre a localización dos distintos sistemas de emerxencia (xa que moitos están detrás de paneis como é o caso de Pontevedra, así como ¿cando se van a realizar os simulacros? ou se existe un plan de evacuación.... o que conleva unha intranquilidade, ante a falta de información.

É INTOLERABLE, que unha administración pública, careza dos requisitos legais en materia preventiva, e non cumpra coa obrigación legal de garantir a seguridade do seu persoal funcionario.

Igualmente, é evidente que non existe un Plan de Autoprotección (Real Decreto 393/2007, do 23 de marzo), sendo esta carencia extensible a todas as sedes xudiciais.

É por iso, que por parte da Central Sindical CIG, en base á lei PRL 31/95 do 8 de novembro, volvemos a DENUNCIAR o incumprimento dos requisitos legais en materia preventiva, SOLICITANDO accións inmediatas ao respecto por parte desa Dirección Xeral."


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal