A DIRECCIÓN XERAL MANTÉN ABANDONADO O TRIBUNAL DE INSTANCIA DE ORTIGUEIRA
O pasado mércores visitamos o Tribunal de Instancia de Ortigueira e puidemos comprobar de primeira man o abandono que está a sufrir este órgano xudicial. Desde a primeira semana de maio permanece sen cubrir unha praza de xestión procesual, unha situación absolutamente inadmisible.
Na actualidade, o cadro de persoal do tribunal está composto por unha persoa de auxilio xudicial, dúas tramitadoras procesuais e unha xestora, un número claramente insuficiente para asumir a carga de traballo existente.
Esta falta de persoal ten consecuencias directas na prestación do servizo público. Cando a compañeira tramitadora encargada da materia civil ten que asistir a unha cita médica ou gozar dun permiso, a "oficina de Civil" queda pechada e a cidadanía non pode ser atendida, xa que non hai ningunha persoa que poida substituíla. Isto débese a que a praza de xestión procesual que a Administración mantén sen cubrir desde a primeira semana de maio é precisamente a que, xunto coa tramitadora, ten asignada a tramitación dos asuntos da xurisdición civil.
É sobradamente coñecida a elevada pendencia que arrastra este tribunal desde hai moito tempo, e a falta de cobertura desta praza non fai máis que agravar unha situación xa de por si insostible.
Desde o noso sindicato levamos meses reclamando á Dirección Xeral o nomeamento urxente dunha persoa para cubrir esta vacante. Lonxe de buscar solucións que garantan a continuidade do servizo público, a Administración escúdase en que a bolsa de persoal de xestión está esgotada, sen adoptar ningunha medida alternativa para dar resposta a unha situación que prexudica tanto ao persoal como á cidadanía.
Por todo isto, esiximos á Dirección Xeral que proceda de maneira inmediata ao nomeamento dunha persoa para cubrir esta praza.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal