ANALISE DO ESTADO DO TRIBUNAL DE INSTANCIA DE VIVEIRO TRAS A IMPLANTACIÓN DA LOEO

Este 15 de maio representantes da CIG acudimos ao Tribunal de Instancia de Viveiro con varios deputados do BNG para analizar a situación que padece o órgano.
O Tribunal de Instancia de Viveiro é o órgano xudicial de referencia nun extenso partido xudicial que abrangue 7 concellos (O Vicedo, Cervo, Burela, Xove, Ourol e Viveiro) e máis de 600 km2 da Mariña Occidental lucense. Os datos estatísticos publicados polo CXPX sobre a actividade xudicial correspondentes aos últimos exercicios evidencian unha situación estrutural de sobrecarga que non pode seguir sendo tratada como conxuntural.
No plano civil, as series históricas reflicten unha entrada de asuntos sostida ao longo dos anos analizados e, de xeito especialmente preocupante, volumes de pendencia ao peche de cada exercicio que exceden con claridade dos parámetros que o propio CXPX considera razoables para un órgano xurisdicional.
A situación de colapso xudicial que vive o Tribunal e padece a cidadanía da Mariña non foi solucionada polas medidas de reforzo adoptadas, comisións de servizo xudicial, reforzos de LAX e nomeamentos temporais de funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa. Estas medidas, lonxe de supor a normalización do órgano, constitúen un recoñecemento tácito e reiterado de que a planta xudicial vixente non se corresponde coas necesidades reais do partido.
O BNG, a inciativa dos deputados Iago Tabarés, Daniel Castro e Oscar Insua presentan unha Proposición non de lei para debate en Pleno, sobre a ampliación da planta e o incremento do cadro de persoal no Tribunal de Instancia do partido xudicial de Viveiro.
Instamos á Xunta de Galiza a:
a) Dirixirse con carácter urxente ao Ministerio de Xustiza e ao Consello Xeral do Poder Xudicial para reiterar a urxente necesidade de creación dunha praza xudicial no Tribunal de Instancia de Viveiro.
b) Incrementar con carácter inmediato o cadro de persoal nos corpos de xestión, tramitación e auxilio xudicial, adoptando as medidas de reforzo precisas en tanto non se produce a cobertura polos procedementos de provisión ordinarios
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal