COMISIÓN ACCIÓN SOCIAL 2025

Mércores, 23 Abr 2025

Hoxe celebrouse coa Dirección Xeral unha videoconferencia sobre a convocatoria e criterios de repartición do fondo de Acción Social do ano 2025, previamente remitíronnos o borrador da Resolución que da publicidade á referida convocatoria da que nos avisarán de cando sairá publicada.

Outro ano máis volvemos a reiterar que o importe da axuda de acción social é de todo insuficiente xa que seguimos a ter unha partida orzamentaria de 21.911,00 euros, exactamente igual desde o ano 2020 (lembramos que no 2019 a partida era maior 22.294,00 euros).

E evidente que, para a elaboración dun programa real e eficaz de acción social, é necesario o incremento do orzamento ao 1% da masa salarial e fixar de xeito automático a subida do IPC.

A carestía da vida cada vez é maior, desde o 2010 o poder adquisitivo reduciuse en case un 20%. O persoal da administración de xustiza levamos perdendo máis do 18% do poder adquisitivo nos últimos anos.

Todos os recortes que se deron no Fondo de Acción Social veñen derivados da Lei 1/2012, ditada ao abeiro dunha crise económica xa superada e onde o goberno do estado español xa ten levantada a limitación orzamentaria que xustificaba estes recortes. Mas aínda así a partida orzamentaria para a acción social segue a ser a mesma ano tras ano a pesar da oposición total mostrada polas organizacións sindicais cada ano.

CONTIA DAS AXUDAS TENDO EN CONTA O GRAO DE DISCAPACIDADE:

-Do 33% ao 64%: 300 €

-Do 65% ao 74%: 600 €

-Do 75% en diante:1200 €

Estes importes seguramente veranse reducidos a causa do número de instancias presentadas a fin de que o montante global non supere os 21.911,00€.

As axudas denegadas en anos anteriores que, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foran acollidas favorablemente, pagaranse con cargo ao presente Fondo de Acción Social.

A axuda pagarase na conta consignada para o ingreso da nómina.

SOLICITUDES E PRESENTACIÓN:

Poden solicitar a axuda:
a) Aquelas persoas que prestaran servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza en Galiza durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 26/06/2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.
b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 26/06/2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos en Galiza e se xubilaran durante o dito período.

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX. A forma de presentación será telemática, agás das excepcións recollidas na resolución pendente de publicar. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo máximo para resolver as solicitudes será de 6 meses.

Así mesmo trasladamos entre outras as seguintes alegacións:

  • Que se incremente o capítulo de acción social ata o 1% da masa salarial.
  • Que se faga o mesmo que no ámbito ministerio, onde as axudas que se conceden son proporcionais ao nivel de renda das familias. 
  • Recuperar todas as modalidades de axudas que se tiñan antes dos recortes, e aumentalas progresivamente
  • Compatibilización das axudas con outras que se poidan percibir, xa que no punto 1.5 do borrador da DXX non se indica a normativa que se está aplicando para declaralas incompatibles.
  • Que as axudas denegadas en anos anteriores que, como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foron acollidas favorablemente, deberían de ser abonadas con cargo a unha partida extraordinaria, tal como prevé a Lei Orgánica 2/2012.

Como todos os anos anteriores, amosamos o noso rexeitamento á falta de negociación real da Xunta, sabendo de antemán que as bases propostas por a DXX van a ser aprobadas a pesar da nosa oposición.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal