COMUNICADO CONXUNTO SOBRE O TELETRABALLO

14 de outubro de 2023
Martes, 14 Nov 2023

COMUNICADO CONXUNTO SOBRE O TELETRABALLO

No día de hoxe, tódalas organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO decidimos dar unha resposta unánime e contundente a unha Dirección Xeral que non foi quen de arranxar unha situación de inseguridade xurídica provocada por eles mesmos coa súa propia circular, prexudicando á conciliación da vida laboral e familiar así como á modernización da Administración de xustiza.

Lonxe de aceptar a proposta de tódalas organizacións sindicais para que o dereito o traballo a distancia quedase plenamente garantido, remitiunos unha proposta baseada na presunta falta de lexitimidade pola súa parte, acordando unicamente pedir informes a Asesoría Xurídica da Xunta e o Ministerio para tentar dilucidar sobre a súa propia competencia e agochar o problema.

Tódalas organizacións sindicais temos meridianamente claro que a competencia é da Consellería e da Dirección Xeral, porque así o recolle distinta normativa, como o decreto de traspaso de competencias, o art. 47.2 do Trebep ou a LOPJ, entre outros. Polo tanto, consideramos que non é de recibo tentar escusarse nunha suposta incompetencia obxectiva ou territorial para mirar cara outro lado e que sexa outro o que solvente o problema.

Ante tal situación, acordamos unha serie de medidas a levar a cabo nos próximos días, primeiramente cunha carta o Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes solicitando unha reunión urxente para acadar un acordo que dea resposta as necesidades do persoal de xustiza que realiza esa modalidade de traballo. Solicitaremos tamén unha reunión a maior brevidade co Secretario de Goberno do TSXG, así como con Función Pública.

Darémosvos cumprida información segundo vaiamos avanzando e celebrando as distintas reunións.

Santiago de Compostela 14 novembro 2023

Asdo. OOSS


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal