CORPO DE LETRAD@S - CAMPAÑA 2026 DE RECOÑECEMENTOS MÉDICOS PERIÓDICOS
Segundo informa a Secretaría de Goberno do TSXG, púxose en marcha a Campaña de recoñecementos médicos periódicos dirixida ao corpo de letradas e letrados da Administración de Xustiza, tanto substitutas/os como de carreira.
Poderase solicitar a participación descargando o formulario de consentimiento correspondente á comunidade autónoma dende o portal da Administración de Xustiza en Información laboral > Prevención de Riesgos Laborales > Vigilancia de la salud.
Unha vez cumplimentado e asinado, deberá enviarse a aapp.citaciones@quironprevencion.com entre o 07/04/2026 e o 30/06/2026, ambos inclusive.
As citas asignaranse conforme Quirón Prevención xestione as solicitudes e, calquera modificación, deberá solicitarse directamente a esa entidade. Quen precise avaliar a adaptación do seu posto por motivos de saúde ou discapacidade deberá entregar ao persoal médico a documentación reciente e, de ser o caso, o certificado de discapacidade.
A pestana de Prevención de Riscos Laborais do Portal da Administración de Xustiza atópase plenamente operativa, e nela está dispoñible un documento informativo que recolle as instrucións para a cumprimentación da solicitude, a finalidade do exame de saúde e outros aspectos relevantes do procedemento.
Asimesmo, infórmase de que, a partir deste momento, todas as comunicacións relacionadas con esta materia canalizaranse exclusivamente a través dese Portal, polo que se recomenda as usuarias e usuarios a súa consulta periódica.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal