DENUNCIA Á INSPECCIÓN DE TRABALLO POLA FALTA DE PROTECCIÓN DUNHA ESCALEIRA DA CIDADE DA XUSTIZA
No día de hoxe formulamos DENUNCIA en materia de prevención de riscos laborais ante a Inspección de Traballo de Pontevedra respecto da situación existente no edificio da Cidade da Xustiza de Vigo, en concreto no anexo do edificio xudicial, andares 2º e 3º.
Segundo consta no informe de prevención de riscos laborais de data 28 de novembro do 2023, existe unha escaleira que supón un alto risco de caída para as persoas traballadoras (prioridade 4), debido ás seguintes circunstancias:
• A escaleira do terceiro andar atópase situada detrás dunha porta que da acceso a un ascensor, o que incrementa notablemente o risco de accidente.
• Carece das medidas de protección adecuadas, normalmente varandas ou outros sistemas de seguridade.
• Constitúe ademais unha vía de evacuación, o que agrava o perigo en caso de emerxencia.
Esta situación xa foi posta en coñecemento da Administración nos Comités de Prevención, así como mediante escritos de denuncia, sen que ata a data se adoptasen medidas correctoras.
Os feitos descritos supoñen un incumprimento da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais e, en particular:
• A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, que establece o dereito das persoas traballadoras a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde.
• O Real Decreto 486/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, que regula as condicións que debe cumprir as escaleiras e zonas de tránsito.
• O Real Decreto 1627/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade nas obras de construción (no que resulte aplicable), en relación coa protección fronte a caídas.
• Así como a normativa técnica aplicable en materia de escaleiras, aberturas e proteccións colectivas fronte a caídas de altura.
Por todo o exposto, SOLICITAMOS_
Que pola Inspección de Traballo e Seguridade Social se proceda a:
1. Realizar visita de inspección no centro de traballo indicado.
2. Verificar os feitos denunciados.
3. Requirir á Dirección Xeral competente a adopción urxente das medidas correctoras necesarias para eliminar o risco existente.
4. No seu caso, iniciar expediente sancionador polos incumprimentos detectados-
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal