DENUNCIA DE EIVAS NO EDIFICIO XUDICIAL DA "CIDADE DA XUSTIZA" DE VIGO

Xoves, 12 Feb 2026

Hoxe, 12 de febreiro, puxemos en coñecemento da Dirección Xeral os problemas que ten a praza e o acceso peonil á Cidade da Xustiza de Vigo.

Recentemente, debido as condicións meteorolóxicas do inverno en Galiza e, tendo en conta que a praza da Cidade da Xustiza de Vigo e moi aberta, o vento provocou que un dos cristais da porta principal se descolocase e chegase a sair do seu cerco, o que puido constituír un grave accidente tanto para os traballadores/as, como para os cidadáns que acceden as instalacións do edificio, dada a envegadura de ditas portas de acceso acristaladas.

Ademais do anterior, tamén cabe salientar:

Primeiro .- Que a xente maior que transita pola praza é arrastrada pola forza do vento, incrementándose o risco de caídas, sobre todo cando, debido a que a perspectiva de visión das escaleiras non é boa e non existe un pasamáns que de por si indique a existencia das mesmas, isto aumenta a súa perigosidade (xa caeu unha funcionaria no seu día), por non dicir que molladas son un vedadeiro perigo.

Segundo. - A existencia dun teito na visera da porta da entrada do edificio, leva ás persoas usuarias a pensar que a zona está protexida da choiva; porén, a auga entra polos ocos existentes na lamina metálica instalada como teito, que poderá ter unha finalidade estética ou decorativa, pero resulta pouco funcional desde o punto de vista da seguridade e da protección fronte as inclemencias meteorolóxicas.

Por todo o exposto, solicitouse o peche da cuberta acristalada exterior polo lado esquerdo, que agora fai efecto tunel, co fin de evitar a contraposición do vento e reducir o risco de desprendemento e accidentes por mor de caída dos cristais da porta principal. Así mesmo solicitouse que se cubran os ocos existentes no teito da marquesina de entrada, co fin de que esta zona quede, cando menos, resgardada fronte a choiva tanto para os traballadores/as como para os cidadáns. Finalmente tamén sería imprescindible a instalación dun par de varandas nas escaleiras da praza, co fin de salvagardar sobre todo a xente maior que acude ao edificio xudicial.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal