DENUNCIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS POR AUSENCIA DE SISTEMAS MANUAIS DE APERTURA DE SAIDAS DE EMERXENCIA

Mércores, 25 Mar 2026

Realizada unha visita coas técnicas de prevención este pasado 24 de marzo, no edificio da Cidade da Xustiza detectouse que, en varias portas de emerxencia, non existía un sistema alternativo de desbloqueo das mesmas, máis alá de que a central de alarmas procedera ou non ao seu desbloqueo, en caso de acordarse unha evacuación total  ou parcial do edificio.

En base a iso denunciouse ante a Dirección Xeral de Xustiza esta problemática nos seguintes termos:

Por medio da presente formulase denuncia en relación co sistema de control de accesos existente nalguns edificios xudiciais, como é o caso do edificio da Cidade da Xustiza en Vigo.

Actualmente, algunhas das portas de acceso ao edificio o  ás distintas dependencias funcionan mediante un sistema de apertura con tarxeta electrónica. Porén, non se observa a existencia de dispositivos de apertura manual de emerxencia (pulsadores ou sistemas similares) que permitan a liberación inmediata das portas en caso de evacuación.

De acordo coa lexislación de prevención de riscos laborais e coas normas UNE aplicables en materia de seguridade contra incendios e evacuación de edificios, as vías de saída deben poder abrirse de maneira rápida, sinxela e sen necesidade de dispositivos especiais en situacións de emerxencia. A ausencia dun pulsador de emerxencia (que poidan usar todolos usuarios que acceden ou que traballan no edificio) pode supoñer un risco grave para a seguridade das persoas, dificultando ou impedindo unha evacuación eficaz.

Por todo o exposto, solicítase:

  • A revisión do sistema de control de accesos instalado.
  • A adecuación das portas ás esixencias normativas vixentes.
  • A instalación de pulsadores de apertura de emerxencia ou sistemas equivalentes que garantan unha evacuación rápida e segura.

Asimesmo solicitamos unha formación axeitada para os encargados da seguridade dos edificios xudiciais, dado que detectamos unha falta de seguridade a hora de informar en base a escasez de formación.

Agardamos que se adopten as medidas oportunas coa maior brevidade posible para garantir a seguridade de todas as persoas usuarias dos edificios"

Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal